Gens Vipsania

Marco Vipsanio Agripa aproba a construción do Aqua Virgo.

A gens Vipsania ou Vipsana (en latín, Vipsania) foi unha escura familia plebea de rango ecuestre na Roma antiga. Poucos membros desta gens aparecen na historia, aínda que se coñecen algúns polas inscricións e rexistros pero, tamén, son moi escasos.[1] De lonxe, o máis ilustre da familia foi Marco Vipsanio Agripa, amigo íntimo e conselleiro de Augusto, a quen o emperador pretendeu facer o seu herdeiro. Porén, Agripa, prefería eliminar o nomen da súa nomenclatura pola orixe humilde da súa familia.[1] Despois da morte de Agripa, Augusto adoptou os fillos do seu amigo, cada un dos cales foi considerado posible herdeiro do Imperio, pero cando cada un deles morreu ou resultou inadecuado, Augusto escolleu outro herdeiro, o futuro emperador Tiberio.[2]

  1. 1,0 1,1 Syme, 2010, p. 166, n. 19
  2. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, pp. 78–80 ("Marcus Vipsanius Agrippa").

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne